Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade organiza un campamento multiaventuras para rapaces

Por 24 Abril, 2018Sin comentarios

O Concello de Rábade celebrará un campamento Multiaventuras en Viveiro os días 25, 26 e 27 de xuño dirixido a mozos estudiantes de ESO. As incricións son a partir do 2 de maio e por rigurosa orde de chegada.

Durante estes tres días, os participantes desfrutarán dunha ampla oferta de actividades entre as que figuran kayacs, paintball, surf, visita ao Aquapark de Cerceda e moitas outras.

Todos os interesados deberán anotarse na Área de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00 a 14:00h.