Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade organiza dous campamentos e un campus de patinaxe no verán

Por 25 Abril, 2018Sin comentarios

O Concello de Rábade organiza dentro do programa Concilia en Rábade dous campamentos urbanos que terán lugar no mes de xullo.

A pretensión do campamento é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que sexan partícipes da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico do contorna.

As actividades que se desenvolverán divídense en dous grupos, as realizadas ao aire libre, como técnicas de orientación e rastreo, marchas; medioambientais, como reciclaxe e reutilización, xogos; deportivas, coa práctica de distintas disciplinas; obradoiros de todo tipo e grandes xogos de animación.

Haberá dous quendas, do 2 ao 6 de xullo estará dirixido a nenos de 4 a 7 anos, e do 9 ao 13 será para os de 8 a 12 anos.

O horario do campamento será de 10:00h a 20:00h e o prezo é de 40 € por neno. As incricións poden facerse a partir do día 2 de maio na Área de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9 a14h. (prazas limitadas e por orde rigurosa de inscrición).

CAMPUSDE PATINAXE

O concello organiza tamén un Campus de Patinaxe que terá lugar os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño no Pavillón Municipal en horario de 9:00h a 14:00 h.

Neste campus os nenos de 5 a16 anos fará adestramentos de técnica de patinaxe e multideporte en patíns, xogos tradicionais e xogos con material alternativo.

Tódolos nenos que queiran participar deberán inscribirse no Departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00h a 14:00h. (prazas limitadas e por orde riguroso de inscrición). O prezo é de 40€.