Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Mago Antón fai un percorrido polas parroquias vilalbesas

Por 18 Abril, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba promove a fin de semana do 21 e 22 de abril a actividade A Maxia das Parroquias, na que o mago Antón levará o seu novo espectáculo, A volta a Galicia en 313 concellos, a todas as parroquias do municipio, a través de oito sesións gratuítas en catro localizacións distintas.

As funcións e ubicacións do Magomobil serán:
O sábado 21 de abril, ás 12.30h e ás 13.30h, o Magomóvil estará instalado no campo da festa de Alba. Está dirixido aos veciños desta parroquia e das próximas de Boizán, Sancovade, Noche, Nete, Ladra, Insua, Soexo, Torre e Xoibán.

Pola tarde, ás 18.00h e ás 19.00 h, o visitará a explanada do antigo serradoiro de Moreda, para os veciños de Vilapedre, Lanzós, San Simón, Samarugo e Corbelle.

O domingo 22 de abril, ás 12.30h e ás 13.30h, o Magomóvil estará instalado xunto á igrexa de Román, e será para os veciños desta parroquia e de Goiriz, Carballido, Árbol, Rioaveso e Oleiros.

Pola tarde, ás 18.00h e ás 19.00 h, estará instalado no aparcadoiro do restaurante O Carrizo de Santaballa, e será para os veciños desta parroquia, e de Belesar, Mourence, Codesido, Distriz, Gondaísque e Tardade.

Os grupos establecéronse por proximidade das parroquias, pero calquera veciño pode ir a calquera función. A entrada é gratuíta e o acceso libre. Nesta actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño 2018, colaboran: AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación) , Turismo de Galicia e GADIS.