Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Oficina de Turismo de Vilalba abre as súas portas na Casa da Cultura

Por 22 Abril, 2018Sin comentarios

Aproveitando o tirón de Semana Santa, a Oficina de Turismo de Vilalba abriu as portas da súa nova ubicación, que voltou a estar na Casa da Cultura. O concello tivo que facer unha pequena remodelación da planta baixa, para reubicar unha das salas de lectura.

“Antes non había oficina de turismo en sí, o que había era un pequeno punto de información dentro do Museo Arqueolóxico, e pareceunos mellor idea poñela na Casa da Cultura, xa que está moi céntrica e ademais está aberta durante as fines de semana”, comenta Cheri Grandío, concelleira de Cultura. Actualmente está aberta de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 e os domingo abre pola mañá.

Gracias ao Depuemprego, contratouse a unha técnica de turismo àra este servizo, que xa se está ocupando de evaluar o turismo actual de Vilalba, para poder poñer en marcha un plan de desenvolvemento da zona.