Skip to main content
ActualidadeVilalba

Dan comezo en Vilalba o zonal e o provincial escolar de tenis de mesa

Por 19 Abril, 2018Sin comentarios

Un ano máis, o Pavillón Municipal dos deportes de Vilalba será o escenario no que se celebrarán os Campionatos Zonal e  Provincial Escolar de Tenis de Mesa do programa Xogade da Xunta de Galicia. O primeiro deles serve de proba clasificatoria para a segunda fase provincial, na que se citan as mellores raquetas da provincia, cunha ampla representación vilalbesa e da Terra Chá.

A fase zonal será o xoves 19 de abril e drá comezo ás 10.00 horas centrándose nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. De feito, está prevista a participación de máis de 60 xogadores procedentes do club TDM Vilalba e das escolas deportivas de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Outeiro de Rei.

Desta proba sairán os equipos que representarán á comarca chairega no Provincial, aínda que pode ser que nalgunha pasen de rolda tres

A fase provincial terá lugar o domingo 6 de maio.