Skip to main content
Uncategorized @gl

Fallo do II Concurso de Fotografía A muller traballadora de Outeiro de Rei

Por 2 Abril, 2018Sin comentarios

 

 

 

 

 

 

 

 

Co Día Internacional da Muller déronse a coñecer as fotografías premiadas no II Concurso de Fotografía A muller traballadora no Concello de Outeiro de Rei, e quedou inaugurada a mostra polo alcalde José Pardo Lombao e a concelleira de servizos sociais, Mª José Martínez Vigo.

As fotografías premiadas foron, na sección de fotografías antigas, a fotografía titulada Agricultura innovadora, achegada por Vanesa Lozano Corral, é unha escena tomada en San Félix de Paz no ano 1957. E na sección de fotografías actuais a fotografía Exercendo o propio oficio na casa  fotografía realizada en 2018 en Outeiro de Rei por Estefanía Díaz Rodríguez.

Ambas imaxes contribúen a que as mulleres se poidan sentir recoñecidas na súa aportación socio-económica á sociedade a través delas mesmas e dos seus traballos. Consideramos que ambas imaxes serven para facer unha chamada de atención para que a sociedade sexa consciente do traballo calado, desvalorizado e pouco ou nada remunerado que as mulleres realizan no ámbito familiar”. dixeron dende o Concello.

As premiadas, dúas mulleres veciñas de Outeiro de Rei, recibiron 200 € e un diploma acreditativo. Para esta convocatoria houbo un total de oito participantes que achegaron vintecatro fotografías.