Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

San Paio de Narla acolle un obradoiro para avós e netos o 19 de maio

Por 10 Maio, 2018Sin comentarios

Con motivo da celebración da Semana dos Museos 2018, efeméride que inclúe o Día das Letras Galegas, 17 de maio, o Día Internacional dos Museos, 18 de maio, e a Noite dos Museos, 19 de maio, a Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, organiza diversas actividades, entre as que cómpre destacar unha serie de obradoiros para todos os públicos.

Un dos obradoiros, para o que xa está aberta a inscrición, gratuita, nono departamento de Didáctica, terá lugar no Museo Fortaleza de San Paio de Narla.