Skip to main content
Actualidade

A Deputación aproba un programa de aforro enerxético que beneficia a 38 concellos

Por 21 Maio, 2018Sin comentarios

O Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno un novo programa de aforro enerxético, do que se beneficiarán 38 concellos da provincia adheridos ao programa ILUMIN@. Trátase dun proxecto dotado de 722.590 euros cofinanciado nun 80% por fondos europeos, 578.072 euros, e o 20% pola Deputación, 144.518 euros.

Con estes fondos, poderíase actuar nunha superficie superior aos 5.500 km2 de territorio, para facer máis eficientes 3.195 instalacións de luz nos 38 concellos que se adheriron a esta programación, todos eles de menos de 20.000 habitantes. A actuación consistiría na renovación de lámpadas e luminarias existentes por luminarias de tecnoloxía LED. O obxectivo é reducir o consumo en 450.217 quilovatios ao ano, de xeito que se aforrarían máis de 62.00 euros anuais ás arcas dos nosos municipio, acadando unha redución do 63% da facturación eléctrica dos concellos.

Concorrencia a fondos da Unión Europea

O Goberno da Deputación concorre co ILUMIN@ a fondos europeos a través do IDAE (Instituto de Desenvolvementos de Aforro Enerxético), que vén de recibir fondos para este tipo de programacións. O obxectivo é acadar 800.000 euros comunitarios para poñer en marcha unha programación de 1 millón de euroS.

Concellos que participan

Os municipios adheridos ao programa ILUMIN@ son: Baralla, Meira, Friol, Quiroga, Burela, Negueira de Muñiz, Castro de Rei, A Pastoriza, Begonte, Riotorto, Carballedo, Sober, Lourenzá, Ourol, A Pobra do Brollón, Mondoñedo, Xermade, O Vicedo, Navia de Suarna, Láncara, Cervantes, O Saviñao, Ribeira de Piquín, Alfoz, O Páramo, Rábade, As Nogais, Guntín, Castroverde, Samos, Trabada, O Incio, Folgoso do Courel, Pantón, O Valadouro, Cospeito, Vilalba e Monforte.