Skip to main content
ActualidadeCospeito

Os socialistas de Cospeito denuncian o estado de abandono do parque infantil de Muimenta

O PSOE de Muimenta, que encabeza Rosa Morán denunciou ante o Concello o estado de total abandono no que se atopa o parque infantil de Muimenta, con tablas rotas, cadeas de randeeiras oxidadas e apunto de romper, puntas perigosas que se saen do seu sitio, etc. Ademais, están tódolos xogos  sucios e perigosos para os nenos que acuden con frecuencia, pero que ultimamente non poden usalos por medo a mancarse.

Segundo indica, a voceira socialista, debe ser tamén este un dos poucos parques infantís que non contan con caucho no chan, como así o esixe a normativa vixente. “Hai anos houbo unha subvención precisamente para colocalo neste parque, non sabemos porque nunca se chegou a poñer ou a que se adicaron eses cartos”, engade.

Por todo isto, pedimoslle ao goberno municipal que tome cartas no asunto de inmediato, antes de  que se manque algún neno, que se arranxe con urxencia e mentres tanto se indiquen os perigos ou se clausuren os aparatos rotos. Non ten sentido ter un parque infantil así.

Fai anos denunciamos en varias ocasións como quedaba de cristais rotos cando se facía alí botellón, pero agora non o rompe ninguén, deteriórase pola falta de cuidado e mantemento.

“Este é un caso máis do abandono  e deterioro que veñen sufrindo instalacións, estradas, rúas, centro de saúde, depósitos de auga, depuradoras… que logo custa moito máis arranxar porque non se lles fai ningún tipo de mantemento”, conclúe.