Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Pastoriza saca a concurso o Servizo de Axuda no Fogar

O Concello da Pastoriza mantén aberto ata o 14 de maio o prazo para presentación de ofertas para xestionar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) dentro do proceso de adxudicación posto en marcha este ano xa que a anterior concesionaria, que o tivo durante dous anos, renunciou á opción de prórroga.

O importe da licitación do servizo ascende a 911.356 euros e ten unha vixencia dun ano. As empresas solicitantes deberán subrogar a un total de 22 traballadores que se ocupan de prestar este serivzo durante un total de 2.460 horas.

O Concello da Pastoriza dispón dunha subvención da Xunta de Galicia de 199.065 euros destinada a sufragar a axuda a domicilio das persoas que teñen recoñecida unha dependencia. Ademais, a Deputación aporta 23.000 euros apra o SAF a través do Plan Único.