Os once locais que participaron na sexta edición do Concurso de Tapas de Rábade repartiron preto das 5.000 racións nas dúas fins de semana nas que se celebrou o concurso. Segundo a asociación de hostaleiros, houbo máis participación do público a primeira fin de semana axudados polo bo tempo.
O establecemento gañador desta edición foi Papyrus, seguida de Beethoven, Ágora e Arcos. Ademais, participaron tamén Brétema, Burger, A Cantina, Os Castro, Bar Centro, Bar Cruz e Mozart, que ofreceron aos seus clientes unha tapa da súa propia creación a un prezo de 2 euros.
A Asociación de Hostaleiros e da Alimentación de Rábade sorteou tamén varios agasallos entre todos aqueles que completaron a ruta e que consistiron nunha fin de semana nun spa para dúas persoas, unha tablet e dez prazas para visitar as bodegas Mar de Frades con desprazamento e comida incluídos.