Skip to main content
ActualidadeVilalba

O TDM Vilalba, o gran vencedor do Campionato Provincial de tenis de mesa

Por 10 Maio, 2018Sin comentarios

Un ano máis, o TDM de Vilalba foi a gran vencedora nos Campionatos Zonal e  Provincial Escolar de Tenis de Mesa do programa Xogade da Xunta de Galicia. Este torneo reuniu a un centenar de equipos lucenses de clubs da provincia.

A fase zonal foi o 19 de abril centrándose nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, onde participaron máis de 60 xogadores procedentes do club TDM Vilalba e das escolas deportivas de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Outeiro de Rei.

Na fase provincial que se xogou a primeira fin de semana de maio, o equipo vilalbés impúxose na categoría cadete masculino, infantil femenino e benxamín mixto, na que os conxuntos Dez Portas de Lugo e o Ribadeo TM foron segundo e terceiro, respectivamente.

Esta xornada deportiva e de convivencia pechouse coa entrega de trofeos por parte do alcalde Agustín Baamonde e o concelleiro de deportes Julio Vázquez. Os trofeos foron aos equipos mellor clasificados, sendo os xogadores do TDM Vilalba os máis destacados, xa que se fixeron con primeiro posto da clasificación en tres das oito categorías.