Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba Aberta pide que se amañen as deficiencias de sinalización no polígono de Sete Pontes

Por 31 Maio, 2018Sin comentarios

A asemblea de Vilalba Aberta ven anunciar o rexistro dunha unha nova iniciativa co obxectivo dunha solución integral ás continuadas problemáticas relativas á deficiente sinalización viaria no Polígono Industrial de Sete Pontes.

Tal e como denuncia o seu voceiro,  o edil Modesto Renda,  no que vai de lexislatura, son xa varios os contratempos en forma de accidentes sufridos por algúns veciños e/ou traballadores do Polígono debido ás numerosas carencias no seu mantemento e planificación. “Pintura viaria que esmorece, abandono progresivo  do coidado do firme e o máis total desleixo de funcións ao respecto da seguridade peonil e de circulación, que nos arroxan coma resultado un incontable capítulo de colisións fortuítas e saltos de STOP debidos – tal e como foi o caso do último –  á ausencia da correspondente sinalización vertical e onde inclusive, a mesma Garda Civil lle recomendou ao afectado deixalo patente no correspondente parte”.

É por isto que instarán ao Goberno Municipal a que proceda á elaboración dun informe do actual estado da sinalización viaria no Polígono,  coma paso previo á realización das melloras oportunas naqueles puntos que o precisen (pintura desgastada, pouca visibilidade, necesidade de sinais, obstáculos para os vehículos, falta de iluminación, etc.).