Colaboracións TERRACHÁXASin categoría

Criminalidade en Islandia

Por 12 Xuño, 2018Sin comentarios

Por Pablo Figueiras e Aranzazu Rodilla

Cando pensamos en Islandia, o primeiro que nos ven á cachola é un país de fogo e xeo, e nos preguntamos, ¿por qué un artigo sobre esa isla? A resposta é fácil, e un país cuxos datos de criminalidade son moi baixos, e con uns índices de reinserción moi elevados, polo que analizaremos cales poden ser os motivos.

No censo do ano 2017, a poboación era duns 338.349 habitantes, repartidos ao longo do archipiélago, aínda que as duas terceiras partes da poboación, residen na área metropolitana da capital, Reikiavik.

Contan con cinco centros penitenciarios cunha poboación reclusa repartida nestas institucións, e que no ano 2015, non superaban os 147 presos. Estas cárceres están distribuidas en distintas rexións, evitando así que o preso alexesé do seu entorno, xa que se busca o contacto do reo coa comunidade, e non tanto o aíslamento social. Ademais a arquitectura é diferente as que podemos ver no entorno europeo, excepto a que se atopa en Reikiavik, xa que son como caserones de pedra, e incluso, a máis antiga e patrimonio nacional, estando o edificio datado do ano 1874. Tamén os espazos comúns son diferentes, procurando a cotidianidade, pero o que máis chama a atención e a inexistencia de rexas nunha das prisións, aínda que a condición é que os reos non cumpran unha condea maior a dous anos.

¿Qué fai que Islandia sexa un país tan seguro? A maioría dos expertos consideran que a educación é fundamental. Inculcar ao menor e á sociedade en xeral, valores de respeto o entorno e o resto de persoas. Esa é a principal base, pero non a única.

Outros dos aspectos máis destacados é a existenza dunha amplia clase media (ata un 90-95% da poboación), o que fai que non exista diferenciacións sociais, polo que todos trátanse como iguais, e a tensión económica entre clases é inexistente, aparte da baixa taxa de desemprego, sendo está escasa diferenza social o que permite que os cidadans non procuren traballos ilegais.

Outro dos aspectos que influen en alto grado é que o país non se atopa nas rutas do narcotráfico, nin no orixen nin no destino, unhas das causas do alto número de reos en países do sur, como o noso, Italia, Grecia, entre outros. Ademáis sumado a isto, hai que sinalar que os índices de toxicomanías son baixos tamen, polo que os delitos asociados ás drogodependecias ten un ratio pequeno.

Un dato curioso é que a policía non porta armas de fogo, e en toda a historia deste corpo, a primeria vez que se matou a unha persoa nun operativo, foi no ano 2013. Hai un grupo especial de intervención que si levan armas, pero as súas actuacións son moi reducidas, e se lles coñecen como “Escuadrón Vikingo”. Estes datos, sumados a unha tradición de denunciar os crímes ante calquer indicio ou nas súas primeiras fases evitando que a situación empeore, fai que os delitos sexan poucos e os crímes violentos sexan casi inexistentes.