Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Entregan os premios de investigación de Friol

Por 8 Xuño, 2018Sin comentarios

O sábado 9 de maio terá lugar a entrega dos premios aos gañadores da II edición do Premio de Investigación Histórica, Cultural e Etnográfica do Concello de Friol, convocado entre o propio Concello, a asociación Carballo Vivo e a USC.

O acto de entrega terá lugar ás 19.30 do sábado no Centro Socicultural de Friol e estará aminazo pola representación teatral do grupo Teatro Accidental Carballo Vivo, que porá en escea a obra Unha escola en branco e negro.

Aproveitarse tamén a xornada para presentar a segunda edición do programa Rutas do Proxecto Friol Algo máis que pan e queixo.

Un estudo sobre as mámoas e os petróglifos de Friol, elaborado por Xabier Moure e Brais Rodríguez, foi o gañador, que recibirá como premio 2.000 euros.

Xabier Moure e Brais Rodríguez fixeron referencia no seu traballo a vestixios dos que xa había constancia e aos xacementos que eles mesmos acharon logo dun intenso traballo de campo nos últimos tres anos.

No traballo premiado, o número de mámoas elévase a máis de 200, ao engadirse as descubertas por Moure e Rodríguez, e destácase a riqueza deses xacementos en Friol, en especial a necrópole de Monteirón, en Narla, e as de Vilalvite e Muruxosa, que conservan o dolmen.

Os premiados aspiran a publicar este traballo engadindo os xacementos que acharon nos últimos meses, co estudo xa entregado. De feito, hai unhas semanas localizaron un dolmen cuns valiosos gravados en Miraz.

O segundo premio, dotado de 500, foi para Ana Fariñas, que tamén puxo o foco no Friol Prehistórico.