Skip to main content
ActualidadeBegonte

Castiñeiro Milenario presenta a súa nova cervexa na honra do Festival 27373

Por 2 Xuño, 2018Sin comentarios

A nova cervexa do Castiñeiro Milenario, que leva o nome Festival 27373, foi presentada na sede de Aloumiña en Lugo polos seus creadores, Carlos Fernandez e Eliseo Gómez, en colaboración con Alberto Curiel de Aloumiña.

“Dentro da asociación de Castiñeiro Milenario, levamos un par de anos coa teima de crear unha cervexa propia, que sirva de buque insignia do festival. Así que este ano despois de probas atopamos a receita axeitada”, di Carlos.

A Festival 27373 é unha cervexa de trigo lixeira, refrescante e con 4,5º, o ideal para as tardes do verán, e ademais leva toques de pela de laranxa e sementes de coliandro. De momento só estará á venta nos actos do Castiñeiro Milenario, nas foliadas e no Festival será a cervexa oficial.

Tamén informaron da data para o Festival, que será o sábado 11 de agosto.