Skip to main content
ActualidadeVilalba

Renden homenaxe o día 30 a Ramón Chao

Por 25 Xuño, 2018Sin comentarios

O Iescha e a asociación Amigos de Prisciliano organiza un acto en memoria do escritor e periodista vilalbés falecido o pasado mes Ramón Chao.

O acto terá lugar o día 30, ás 12.30 horas e consistirá nun percorrido polo Paseo do Soños, dende o Muíño do Rañego ao Pinao de Prisciliano. Despois, familiares e amigos celebrarán un xantar no restaurante Terra Chá. Os interesados poden anotarse no teléfono 982 511 702 antes do día 28. O prezo é de 20 euros.