Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

O caso de Francisco Arce

Por 6 Xullo, 2018Sin comentarios

Por Pablo Figueiras e Aranzazu Rodilla

veran de 1996 será difícil de esquecer para os cidadans da localidade francesa de Pleine Fougeres, un lugar idílico e destino turístico de familias e grupos escolares, onde nunca pasaba nada, ata aquel fatídico día.

A mañá do 18 de xulio, catro adolescentes despertáronse alegres e dispostas a gozar con seus compañeiros de colexio da viaxe de estudos que o seu centro organizara a Francia, era a súa primeira excursión fóra de Reino Unido. A habitación era compartida por cinco amigas, catro ocupaban liteiras e unha estaba nun saco no centro da sala, tocáralle, pero non lle importaba demasiado, estaba de viaxe coas súas amigas noutro país.

As menores que ocupaban as camas levantáronse ruidosamente, pero Caroline Dickinson seguía no seu saco de durmir sen moverse, o que chamou a atención das súas compañeiras de cuarto, quenes enseguida se deron conta de que algo non estaba ben. Chamaron os profesores e comprobaron que a moza estaba morta, pero as circunstancias eran de todo menos normais, polo que avisaron á policía francesa, quen confirmou que a adolescente fora violada e asfixiada, todo iso diante das súas compañeiras, que non se deron conta en ningún momento.  A policía británica trasladouse a Francia para axudar aos seus compañeiros galos, establecendo un dispositivo na zona, na que realizaron probas de ADN aos hóspedes do hostal onde se aloxaba a vítima.

Todas as persoas que se atopaban no aloxamento resultaron inocentes, pero o problema radicaba na cantidade de hoteis, campings que había tanto neste pobo como nos arredores, xa que se trataba, como xa dixemos, dunha zona moi turística.

Os anos foron pasando e a investigación seguía aberta, aínda que tiñan un sospeitoso que destacaba sobre o resto, un español chamado Francisco Arce Montes, que estivera aloxado noutros hostais onde se produciron feitos similares, aínda que ningún co resultado de morte

En certo momento os investigadores decidiron refrescar o caso e sacaron en prensa o caso, para ver se alguén puidese lembrar algo ou identificar ao sospeitoso principal, do que pensaban que seguía merodeando por Europa. O que menos esperaban era obter información dunha persoa residente a máis de seis mil cincocentos kilómetros de distancia, no continente americano, un empregado de aduanas da cidade de Detroit.

Este empregado que adoitaba ler os xornais que os viaxeiros deixaban alí, leu a noticia do caso francés, sendo un caso que lle chamou a atención, pois a moza falecida tiña a mesma idade que agora tiña a súa filla.

Decidiu entón probar sorte na base de datos que él utilizaba no seu traballo e que tiña acceso os arquivos do FBI e do Servizo de Inmigración, xa que era unha procura que en caso de resultar negativa non supoñería ningunha perda de tempo.

Pero nada máis teclear nas referidas bases de datos o nome que introducira apareceu en pantalla, que neses momentos atopábase detido en Miami, como sospeitoso de varias agresións rexistradas en hostais da zona, seguindo un modus operandi idéntico ao do caso que nos ocupa.

Comenzáronse a realizar as indagacións necesarias para ver si se trataba do mesmo sospeitoso, así como a proba de ADN, que coincidiu coa recollida no corpo da menor asasinada anos atrás.

É así, como este prófugo da xustiza europea puido ser detido e xulgado pola violación e o asasinato de Caroline Dickinson, e doutras agresións que se sucederon por diversos países europeos, entre eles España.

A investigación e a recollida de probas foron fundamentais para que a xustiza ditase sentenza condenatoria sen xénero de dúbidas, pero a curiosidade e a intuición do empregado de aduanas, chamado Tommy Ontko foi o que levou á detención do fuxitivo.

Durante anos e seguindo os ataques en hoteis, moteis e hostais de diferentes países e continentes, en habitacións moitas veces compartidas, o sopeitoso foise escapando dos seus múltiples fechorías, ata que finalmente en 2004 puido ser xuzlgado polo seu peor crime.

A día de hoxe Francisco Arce continúa no cárcere, e crese que hai moitos casos similares nos que probablemente fose o autor, pero non hai probas suficientes para poder demostralo.