Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Lenda do Boilouro

Por 6 Xullo, 2018Sin comentarios

Por José A. Folgueira Yañez e Marco A. Fernández

seguinte lenda lévanos ao abandono dos pobos  trala invasión árabe. En Cela, non ía ser diferente dos demais lugares, e ao non poder defenderse da invasión, as xentes marchan cara os reductos das montañas:

”Dín os vellos que o señor,  manda facer tres cousas antes de pártires cara os montes. Primeiro, ordéalle ao cura, escóndela cruz de ouro da antiga igrexa, así como o resto das cousas de valor e de culto que foron dos nobres. De seguido, colle unha pel de boi que ten na igrexa, e envolve todo xunto ca cruz, enterrándoo no cauce  dunha rega.

Segundo, ordea que a campá da igrexa se vote ao río e se amarre pra non ser arrastrada pola corrente.

Terceiro, ordea non deixar nada tras de sí,e o quen non se poida tirar pra que o leve a corrente do río, deixalo todo queimado.

Pasan sete anos onde queda todo abandoado, e a xente está escondida nas montañas do norte. Neste tempo morre o crego, pero xusto antes, no leito de morte, confésalle ao señor onde queda todo agochado.

Cando voltan, a campá, pra sácala do río, coa axuda dun boi, atada aos cornos, non a dan sacado, polo que houbo que atarlla a molida, pola forte pendente que hai dende a igrexa ao río. O que non se atopará máis será a cruz.

Dende aquelas, a rega quedáralle o nome do regato do Boilouro, o boi que envolve o ouro.”