Skip to main content
Actualidade

A auga de Castro volve á normalidade

Por 19 Xullo, 2018Xullo 24th, 2018Sin comentarios

O alcalde Castro de Rei indicou nun novo bando que a auga da traída volve estar nos niveis normais e que xa é apta de novo para o consumo. As últimas análises mostran que a auga xa se pode consumir de novo malia que seguirán analizando a situación para ver de onde vén o problema.

Un exceso de metais na analítica da auga da traída de Castro de Rei provocou que durante 3 días non se puidera consumir auga da traída. Malia que a recomendación de Sanidade foi frear o consumo de auga durante tres días, o Concello de Castro decidiu ampliar dous días máis esta medida por precaución ata que se normalicen os valores da auga.

O desabastecemento afectou a varios núcleos, entre eles Castro Ribeiras de Lea, o centro urbano de Castro, ao polígono industrial, Duarría, Loentia, Ribeiras de Lea, Matodoso, Triabá, San Xiao de Mos, Ansemar, Viladonga, Quintela, bendia, Bazar, Outeiro e Pacios.

A recomendación de non consumir auga da billa era para beber e cociñar, pero podíase usar para a hixiene persoal ou a limpeza. Este exceso de metais non afecta gravemente á saúde se non é nun consumo continuado.

Segundo indica o alcalde, o exceso de metais é unha situación que se produce periodicamente e non ten unha causa xustificada. “De feito dase tamén en moitas fontes non controladas e é un fenómeno natural que detectamos nós mesmos nas análises periódicas que realizamos polo que a nosa intención foi sempre manter totalmente informada á poboación”, indicou.