Skip to main content
ActualidadeCospeito

A Moexmu será a fin de semana do 5 ao 7 de abril de 2019

Por 27 Xullo, 2018Sin comentarios

A Comisión organizadora da XXXV edición da Moexmu de Muimenta comezou a traballar a pasada semana na preparación da seguinte edición, que terá lugar a fin de semana do 5, 6 e 7 de abril de 2019.

A intención dos organizadores será celebrar un ano máis o concurso de gando frisón, que celeberará a XXXIII edición; unha mostra de Raza Rubia Galega, tamén na XXXIII edición; unha poxa de gando selecto, por XXIII ocasión, e a Festa da Filloa, Festa de Interese Turístico Galego, que terá lugar o día 1 de maio e que acadará tamén a XXVII edición.