Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Inauguran en Guitiriz unha mostra fotográfica sobre a Cuba de Fidel

Por 16 Xullo, 2018Sin comentarios

O venres 20 de xullo, inaugúrase na Casa Habanera de Guitiriz unha exposición fotográfica que leva por nome A última Cuba de Fidel, obra da fotógrafa guitiricense Camelia Iglesias.

O proxecto no que traballou un ano realizando traballos de investigación e documentación, nace dunha viaxe que realizou a fotográfa en outubro do ano 2016, un mes antes da morte do comandante Fidel Castro, de ahí o seu título, pois reflexa a realidade que vivía a sociedade cubana durante a última etapa do comandante.  O traballo encádrase dentro do estilo de fotografía documental, fotoxornalismo e fotografía de calle, estilos que tanto caracterizan a súa autora.

O proxecto está composto por 30 fotografías e foi realizado na metade norte da isla, onde se inclúen varias cidades como a conocida cidade da Habana ou Pinar del Río. A través das fotografías, o traballo invita aos espectadores a viaxar cos seus ollos a esta illa, e é un achegamento para todos aqueles que non tiveron a oportunidade de visitala. Escapa das típicas fotografías turísticas que estamos acostumados a ver de Cuba, inclúense aspectos sociais relacionados coa comida, co estilo de vida dos seus habitantes, coa xente, as construccións, os medios de transporte, así como tamén incide en fotografias con forza estética e que, ademais reflicten o día a día da súa xente.

A obra estará exposta dende o venres 20 de xullo ata o venres 17 de agosto.