Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXARábade TERRACHÁXA

A Xunta apoia á muller en oito municipios

Por 12 Xullo, 2018Sin comentarios

A  Secretaría Xeral da Igualdade achega este ano 145.600  euros para o sostemento dos Centros de Información á Muller (CIM) e para o desenvolvemento de medidas de conciliación destinadas a oito concellos da zona centro da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, sinalou que estas achegas permiten o mantemento do persoal que traballa nos CIMs, concretamente 28 na provincia dos que seis corresponden aos centros de Lugo e de Palas de Rei. Desempeñan labores de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

En concreto, o CIM de Palas de Rei conta con catro traballadores que tamén dan cobertura á poboación dos municipios de Antas de Ulla, Guntín e Portomarín; recibe unha axuda de 72.600 euros da Xunta de Galicia. O CIM da capital, pola súa banda, recibe 45.000 euros e dispón de dous traballadoras.

A rede de centros de información á muller constitúe un instrumento fundamental para a implantación de políticas de igualdade eficaces e eficientes na Comunidade Autónoma, pois facilita un acceso máis rápido e eficaz a estes servizos e proporciona un espazo de proximidade que orienta, informa e asesora ás mulleres en materia de igualdade e dereitos e promove a súa participación activa en todos os ámbitos.

Por outra banda, tamén recibiron axudas da Secretaría Xeral da Igualdade os concellos de Outeiro de Rei, Pol e Rábade para poñer en marcha programas de fomento da conciliación familiar e laboral, por importe global de 28.000 euros.