Skip to main content
ActualidadeMeira

A nova directiva da leiteira de Meira preséntase na Xunta

Por 14 Agosto, 2018Sin comentarios

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano á nova directiva responsable da planta leiteira de Meira. Esta instalación foi adquirida recentemente por Naturleite, filial galega da Cooperativa Ganadera del Valle de los Pedroches (Covap), con sede en Córdoba.

O presidente desta entidade, Ricardo Delgado, acompañado por outros responsables da cooperativa, así como por representantes de Naturleite e de Mercadona, presentou á conselleira os seus plans para impulsar esta industria, que pasan por poñela ao cen por cento do seu rendemento, para seguir fornecendo de materia prima á devandita distribuidora de ámbito nacional. A titular de Medio Rural agradeceulles aos directivos o seu compromiso con Galicia e amosou a súa plena disposición a seguir colaborando para impulsar esta iniciativa, pola súa importancia para o sector lácteo da nosa Comunidade.