Skip to main content
ActualidadeMeiraRiotorto

Nova edición do Roteiro Avelino Díaz o 26 de agosto

Por 24 Agosto, 2018Sin comentarios

Como complemento a actividade festiva desenvolvida en Meira durante o mes de agosto, o domingo 26 terá lugar unha nova edición do Roteiro Avelino Díaz, que chega á súa quinta edición. Nesta ocasión, o sentido da marcha será A Órrea – Meira.

Ademais da ruta propiamente dita, haberá un sinxelo acto literario e diferentes actuacións musicais, que terán lugar a partir das 13.00 horas coa actuación de Arco da Vella ás 17.000 horas dentro do programa Musiqueando pola provincia

A hora de partida está marcada para as 10.30 horas diante da casa natal do poeta no lugar da Travesa, na parroquia da Órrea.

Para asistir ao almorzo é preciso anotarse antes do día 22 de agosto. Este terá lugar ás 14.30 horas no pavillón municipal e consistirá en empanada, ensaladilla, roti de porco con patacas fritas, tarta de Santiago, café, viño, auga e gaseosa. O prezo será de 15 euros para adultos e 1o para menores de 12 anos.