Skip to main content
ActualidadeCospeito

Entregados os premios aos gañadores do concurso de tapas de Muimenta

Por 27 Agosto, 2018Sin comentarios

A Asociacion de Empresarios de Muimenta fixo entrega dos premios aos gañadores da XVI edición do Concurso de tapas de Muimenta.

O Restuarante Anllo foi o gañador deste concurso, celebrado entre os pasados 10, 11 e 12 de agosto. 

Presentáronse para o reconto un total de 444 rutas compretadas, que deron 229 ao Restaurante Anllo, 132 ao Bar Alvariño e 70 ao Asador O Cabuxo. Ademais rexistráronse 13 votos nulos.

A tapa gañadora levaba o nome de canelones de verano mentres que a tapa máis consumida foi a do Asador O Cabuxo, nunha fin de semana cunha gran participación xa que en total vendéronse 1.562 tapas.

Ademais, o público participante co seu voto optaba a tres vales de 75 euros cada un para gastar nos negocios dos socios da Asociación de Empresarios de Muimenta, nun máximo de trinta días dende a súa entrega. Os gañadores destes vales foron

-José María Folgueira Expósito – veciño de Meira
-Alejandro Paz Castro – veciño de Muimenta
-Lucas Díaz López – veciño de Lugo

A entrega de premios e vales terá lugar o luns 20 de agosto, ás 21:00 horas, no local social que a Asociación de Empresarios de Muimenta ten na Casa da Cultura.