Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta celebra unha nova edición do concurso de tapas

Por 10 Agosto, 2018Sin comentarios

A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da parroquia, volven organizar o Concurso de Tapas en Muimenta. A XVI edición terá lugar o 10, 11 e 12 de agosto. O horario será entre as oito da tarde e as doce da noite. Nesta edición participarán os locais Alvariño, Anllo e Cabuxo.

Só haberá unha tapa gañadora, e a xente que acuda a consumir as tapas de Muimenta, terá unha tarxeta de ruta, onde só poderán votar por un dos tres locais participantes, aínda que deberá ter o selo dos tres bares. O gañador, será o que teña máis votos.

Cada tarxeta de ruta cuberta terá dereito a entrar nun sorteo dun vale de 75 euros a consumir nos diferentes socios do colectivo empresarial de Muimenta, nos trinta días seguintes á súa entrega.

Manterán o bus de Autocares Darriba que percorrerá a ruta de tapeo cada media hora.

Tanto a Asociación de Empresarios coma os locais de hostelería participantes manteñen o seu compromiso co pobo e coas tapas e lembran que Muimenta foi, xunto a Vilalba, dos primeiros pobos da comarca que empezaron a organizar este tipo de concursos.