Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Xunta financia en Guitiriz a instalación de paneis e sinais informativas

Por 13 Agosto, 2018Sin comentarios

A Xunta de Galicia   financia a elaboración e instalación de sinais e  paneis informativos dos recursos turísticos, culturais, monumentais e naturais do concello chairego de Guitiriz.

Balseiro sinalou que a Xunta investiu 17.500 euros no proxecto de mellora de sinalización dos recursos turísticos do municipio, neste caso a través dunha achega de Turismo de Galicia, para a mellora dos servizos turísticos da localidade.

Segundo explicou o delegado territorial, este tipo de axudas teñen por obxecto “consolidar a oferta turística nos municipios rurais a través da posta en calor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”.

O Goberno galego asume o 65 por cento do custo desta proxecto, que prevé a elaboración e instalación de distintas sinais e paneis informativos en elementos monumentais ou naturais do concello.

Trátase de paneis explicativos culturais, con información útil sobre o lugar no que se atopa o   visitante, e tamén sinais direccionais ou de situación para unha mellor orientación dos percorridos.