Skip to main content
ActualidadeMuras

A Serra do Xistral acolle unha andaina solidaria o 2 de setembro

Por 31 Agosto, 2018Sin comentarios

O club de montaña Toxiza vén de organizar a primeira edición da Andaina solidaria Cumios do Xistral na que colaboran os concellos de Muras, Burela e O Valadouro e cuios beneficios destinaranse á asociación Afán Burela.

Esta andaina terá lugar o día 2 de setembro e terá un percorrido de 14 quilómetros que discorren polos concellos do Valadouro, Muras e Abadín. Ten unha dificultade moderada e os participantes transitarán por terreo virxe abrindo a senda durante un tempo estimado de seis horas. O percorrido terá o seu inicio na Capela San Filomena, no Cadramón, a partir das 9.30 horas.

Xunto a esta andaina organízase tamén unha xuntanza de trail que terá tamén un percorrido de 18 quilómetros co mesmo percorrido.

Tanto a andaina como o trail teñen un prezo de inscritión de sete euros que inclúen merenda, camiseta conmemorativa, avituallamento e seguro de accidentes. Ademais haberá una festa merenda que terá un custe de 4 euros.

Os interesados en participar poden inscribirse xa en andainaxistral.galitiming.com