Skip to main content
ActualidadeMuras

Xa está aberto o prazo de inscrición do PAI de Muras

Por 18 Agosto, 2018Sin comentarios

O prazo de preinscripción para o PAI (Punto de Atención a Infancia) de Muras estará aberto ata o 24 de agosto.

Este centro de atención á infancia oferta un total de 20 prazas, e poden acudir menores de entre tres meses e tres anos, de luns a venres, de 8.00 a 16.00 horas. O horario máximo de entrada será ás 10.00 horas e as saídas serán de 12.30 a 13.00 horas e a partir dás 14.00 horas para os que fagan uso do servizo de comedor.

Os formularios están a disposición nas Oficinas Xerais do Concello, pero para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto cos nosos Servizos Sociais no 982 500 001.