Skip to main content
A PastorizaActualidade

Bretoña celebra as súas festas entre o 17 e o 19 de agosto

Por 16 Agosto, 2018Sin comentarios

Bretoña desenvolverá as súas festas entre o 17 e o 19 de agosto, un ano máis a primeira fin de semana festiva despois do 15. A comisión elexida para esta edición elaborou un programa completo no que figura un inicio de festa o venres 17 coa verbena a cargo do grupo Limón e a actuación da artista galega Pili Pampín.

O sábado a música terá o seu lugar destacado coa sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada, que repite na verbena xunto a Capitol.

O domingo será a orquestra Platino a encargada de poñer o acento musical nas festas en sesión vermú e verbena. Ao mediodía e dentro do programa da Deputación Musiqueando ,contarán coa actuación de Xaora.

Como manda a tradición, haberá na xornada do sábado e do domingo oficio relixioso seguido de procesión, o primeiro día será ás 13.30 horas e o último, ás 13.00.

Tamén contarán coa súa tradicional sesión de fogos de artificio.

Segundo indican os membros da comisión, as festas contarán cun orzamento de 15.000 euros procedente das aportacións veciñais e dos negocios da parroquia.

Por outra banda, o Concello celebrará as súas patronais na honra ao Divino Salvador nos primeiros días de setembro, tamén de luns a venres. Co programa aínda sen pechar, haberá concertos, xogos e actuacións. Como avanza o alcalde, Primitivo Iglesias, “a comision de festas esta facendo o programa máis atractivo posible e estou seguro de que será un reclamo especial para toda a xente que nos visita e tamén para todos os veciños”.

Engade Iglesias que “todas as festas parroquiais teñen un significado especial para a parroquia que as celebra, ven sexa de festa, de ledicia ou de encontro familiar. pero estas de Bretoña son especiais xa que sempre gozaron de moita sona en toda a comarca e ao arredor”.