Skip to main content
A PastorizaActualidade

Primitivo Iglesias: “Estamos a preparar un museo que recupere a nosa historia e as nosas raíces”

Por 17 Agosto, 2018Sin comentarios

A localidade de Bretoña en agosto e as patronais da Pastoriza en setembro son as dúas celebracións previstas no concello para as que xa se está traballando co obxectivo de manter o nivel de participación doutros anos. O alcalde da localidade, Primitivo Iglesias, lembra a importancia das festas “que teñen un significado especial para a parroquia que as celebra, ven sexa de festa, de ledicia ou de encontro familiar”.

Cal é o traballo do Concello para o desenvolvemento das festas?

O concello en particular preocupase das infraestructuras necesarias, ter as rúas en orde, o campo da festa ben, en definitiva, para que todas as cousas se fagan o mellor posible.

Ademais das festas, o concello incentiva durante todo o ano a actividade cultural?

Durante todo o ano mantemos diferentes actividades veciñais e a día de hoxe estamos coa rehabilitacion dun edificio que estará destinado para habilitar un museo histórico sobre a antiga diócese de Bretoña. Xa estamos cos traballos, e a nosa idea é que a finais de ano esté xa para inaugurar. Ao longo do ano estamos moi implicados en actividades de índole cultural, acondicianamento ou construción de locais sociais, que son un núcleo vertebrador de toda unha seria de actividades culturais por todas as parroquias, con cursos de artesanía, obradoiros, manualidades, ximnasia de mantemento, charlas de interese social ou interese agrícola, que son algúns exemplos do que facemos. O que procuramos dende o Concello é participar e incentival a celebracion das Letras Galegas ou distintas conmemoracións escolares, como o Nadal, a organización de diferentes festas, etc.

E a actividade deportiva?

O Concello coopera cunha cantidade razoable para o orzamento do equipo de fútbol, que está facendo unha gran actuación. Estamos moi orgullos deles e tamén delas, xa que temos equipo feminino. Tamén axúdase nalguns aspectos, como pode ser o mantemento do campo ou colaborar en actividades que realizan coa concesionaria da pista de kárting.

Cales son as prioridades culturais?

Hoxe o Concello xa está listo e estamos realizando un edificio para poder montar un museo que recupere a nosa historia e as nosas raíces. Neste ano levamos a cabo a terceira fase da excavación do Castro de Saa con moi bos resultados, estamos tentando preparar xa unha seguinte actuacion para seguir dándolle vida a esta parte das nosas raíces. Por outra banda, estamos elaborando unha guía da Pastoriza que abrangue a maior parte dos aspectos da nosa realidade e da nosa historia. Son tres piares nos que estamos traballando ademais da promoción doutros elementos que xa temos.

A nivel emprego, como son as posibilidades de traballar neste ámbito?

Na Pastoriza os traballos máis demandos son os de explotacións agrarias. En xeral hai un índice de paro normal como en calquera concello deste tamaño, non é unha cousa do máis preocupante polo momento.

Esas excavacións no Castro de Saa imaxino que supuxeron unha gran aportación para o patrimonio.

Eu espero que acaben aportando un importante valor turístico e cultural, que é do que se trata. Con este castro virá ademais unha ruta de sendeirismo desde Fonmiñá ata a praia de Baltar duns 13 quilometros, e que pasa xustamento pola beira do castro. Actualmente estamos tratando de homologar ou abrir unha nova ruta de senderismo, vinculada ao paseo fluvial de Bretoña, que é a chamada ruta Maeloc, de 14 quilometros e de dificultade media, e que permiten ver a vila de Bretoña. E non só eso, senón tamén ver o Monte Carracedo ou as ladeiras, e outras zonas.

De cara ao futuro, hai algun proxecto pensado?

Hai alguns proxectos pensados, pero algúns non son realizables. Ahora queremos e xa estamos nelo, informatizar e automatizar o servizo de augas municipais. Irémolo poñendo en marcha, xa que A Pastoriza ten un forte gasto en bombeo de auga, e somos uns 1000 usuarios deste servizo municipal pois a gran maioria son receptores de auga suministrada mediante postos de bombeo. Tamén temos solicitado un centro de día, xa hai anos, e que aínda está no limbo por parte das administracións, aínda que o Concello conta co proxecto e os terreos. Por outra banda queremos seguir ampliando e mellorando no que poidamos a nosa rede viaria, que evidentemente ao ser un concello agrícola conleva moito gasto extraordinario porque son moitos quilómetros de camiños e vías públicas.