Skip to main content
A PastorizaActualidade

Pastoriza arranxará os accesos a varios lugares de Úbeda

Por 20 Agosto, 2018Sin comentarios

A tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, asinou coa empresa José Sanjurjo Construcciones SL o contrato para o arranxo de vías na parroquia de Úbeda, unha das obras máis demandadas polos veciños polo mal estado no que se atopan debido ao tránsito continuado de maquinaria pesada.

As obras darán comezo nos próximos días e teñen un prazo de execución ata finais do mes de setembro e consistirán no acondicionamento con rego asfáltico dun total de 3,7 quilómetros correspondentes aos accesos de Úbeda, de Couto a Rúa, a Tourido e ao Carballal.

Estas obras teñen un orzamento de 84.261,9 euros.