Skip to main content
ActualidadeVilalba

Convocada a cuarta edición da Carreira Nocturna San Ramón para o 18 de agosto

Por 17 Agosto, 2018Sin comentarios

A IV edición da Carreira Nocturna San Ramón, organizada polo club de atletismo de Vilalba con motivo das festas patronais, será o día 18 de agosto.

Esta cita co atletismo está aberta á participación de todas as persoas a través de diferentes categorías. Así, as competición para os infantís, con idades comprendidas entre entre os cinco e os 13 anos (divididos en grupos de +5, +7, +10 e +13) comezarán ás 20:30, e as absolutas (xuvenil, senior, veteranos A,veteranos B eveteranos  C) serán ás 22:00.

A distancia a percorrer para a proba absoluta é de 5 quilometros. Para as restantes categorías serán de para o maiores de cinco anos de 150 metros; maiores de 7, 600 metros; maiores de 10, 900 metros, e para o maiores de 13, 1600 metros.

As inscricións para a carreira faranse na páxina web championchipnorte.com ou na tenda de deportes Move-t de Vilalba. Para as categorías infantís será gratuíta, e para os adultos terá un prezo de 3 euros.

Este ano como novidade haberá premios para os tres primeiros clasificados na absoluta, de 150, 100 e 50 euros ademais dun trofeo. E para o resto de categorías será un trofeo conmemorativo do día. Todos os participantes levarán un agasallo, que constará dunha bolsa con algún produto típico de Vilalba e tamén haberá un agasallo conmemorativo para os 150 primeiros inscritos na páxina web. Ademais, haberá unha sorpresa moi especial para todos os participantes.