Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Deputación rehabilita 6,5 quilómetros en tres estradas

Por 27 Agosto, 2018Sin comentarios

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, informou da aprobación en Xunta de Goberno dos plans de seguridade e saúde no traballo, un documento imprescindible para poder iniciar as obras, para melloras en 37,5 quilómetros de 17 estradas provinciais en 8 concellos da provincia, que contan cun investimento da Deputación de 1,1 millóns de euros. Logo da aprobación deste documento na sesión celebrada este venres, os traballos comezarán nas vindeiras semanas.

Vilalba será  un deses oito concellos e o único da Terra Chá con rehabilitación en 6,5 quilómetros de 3 estradas, con 191.934 euros. Trátanse da LU-P-6502 “Vilalba (LU-118)-A Balsa-Chavín (LU-161)”, entre os puntos quilométricos 0,606 e 2,126; a LU-P-6506 “Ponte de Saa (N-634)-Ladra-A Parrocha (LU-103)”, do quilómetro 2,730 ao 6,195 e na estrada LU-P-6508 (Vilate (LU P-6502)- Ribadeo (LU-P-6503), entre os quilómetros 0,137 e 1,750.

As obras tamén se realizarán  nas Nogais, Carballedo, O Páramo, Lugo, Palas de Rei, O Vicedo e Negueira de Muñiz.