Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto inicia a recuperación do centro social de Vilar de Santiago e o saneamento en Cachá

Por 10 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Riotorto inicia estes días as obras de recuperación do centro social de Vilar de Santiago ubicado na antiga escola unitaria da parroquia.

As obras consistirán na substitución da cuberta, a instalacion dun piso de madeira, o pintado de todas as instalacións e o revestimento da fachada. Estas obras acométense con cargo ao GDR2 de Vilalba e teñen un orzamento de 34.000 euros.

Estas obras realízanse polo estado de deterioro do edificio, moi utilizado polos veciños para a celebración de actividades socioculturais. De feito na planta baixa impártese ximnasia de mantemento, taller de manualidades e cursos de informática.

SANEAMENTO EN CACHÁ

Por outra banda, o Concello de Riotorto acometerá tamén as obras de saneamento na parroquia de Cachá, obras que teñen un orzamento de 20.000 euros con cargo á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. Esta obra contempla a creación dunha rede de saneamento para estas casas que ata o de agora estaban vertendo ao río directamente a través dunha fosa séptica e que agora irán á depuradora.

As obras consistirán na creación de canalizacións desde as vivendas a un colector xeral que unirase despois á rede xeral do Concello.

Ademais, nestes días comezan tamén as obras de asfaltado dos viais de Aldurfe, Chacín e Órrea, con cargo ao Plan Único. Ao mesmo tempo concluíron tamén as obras en Soutelo e Lorigados, estas con cargo ao Plan Marco da Xunta de Galicia.