Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro organiza o domingo unha andaina polas ínsuas do Miño

Por 22 Setembro, 2018Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei organizou para este domingo, 23 de setembro, unha andaina polas ínsuas de Cela, no Miño. A actividade terá a sua saída ás 10.00 horas na Fonte da Pinguela.

Para facilitar o regreso, previamente levaranse coches ata Quintián para facer o retorno.

A organización lembra que cada persoa participante deberá levar a súa comida e bebida e que tamén e recomendable levar chanclas porque se cruzará pola auga.