Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz acolle unha videoconferencia sobre comercio electrónico

Por 15 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz acolle o luns 17 de setembro, entre as 12:00 e as 13:30 horas, unha videoconferencia sobre Comercio Electrónico e métodos de pago seguros, que terá lugar na Aula Cemit.

Nesta charla expliocaranse os pasos a seguir para facer compras en internet dun eito seguro e especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificación de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidades de abandonar a compra, etc.

As persoas interesadas poden anotarse na porpia aula ou ben enviando un correo a aulacemitguitiriz@gmail.com