Skip to main content
A PastorizaActualidade

Novo curso de conducción para particulares na Pastoriza

Por 7 Setembro, 2018Sin comentarios

O circuíto da Pastoriza acolle o sábado 8 de setembro un novo curso de formación de particulares. A principal característica deste curso é a personalización absoluta, dado que é o monitor, que sempre acompaña ao alumno, quen se vai adaptando ao nivel de cada un deles. Isto permite que evolucionen en base aos seus coñecementos teóricos e a súa capacidade de asimilación, o que provoca que o nivel de dificultade da parte práctica aumente en función da capacidade de evolución do alumno. Así mesmo pode realizarse as veces que se desexe porque a formación é continua e sempre se van introducindo novos conceptos e perfeccionando os anteriormente adquiridos.

O curso terá unha duración dunha xornada e dará comezo ás 9.00 horas ata as 18.00 con sesión teórica a primeira hora e dúas sesións de prácticas ás 10.45 e 15.30.

O participantes recibirán formación sobre posición de condución, manexo do volante en diferentes situacións, trazados e traxectorias, utilización correcta do freo e acelerador, sistema ABS, dinámica de pesos no vehículo e comportamento do vehículo (Sub e sobreviraxes).

Realízanse ao redor de 60 km de condución divididos en series, sempre en compañía de monitores profesionais. Nelas vanse reproducindo diferentes situacións da condución tratando de levar á práctica de xeito progresivo todo o visto na teórica.