Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade mantén as axudas para o inicio do curso escolar

Por 24 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Rábade manterá aberto ata o 5 de outubro o prazo de solicitude de axudas para o curso escolar.

O Concello ten establecida esta liña de axudas económicas para cubrir os gastos derivados da compra de libros de texto e material escolar, roupa e calzado para este curso 2018-29, para o ensino obligatorio de infantil, que non cubran as axudas autonómicas.

Os requisitos para poder solicitar estas axudas son estar empadroados no Concello con anterioridade a tres meses, ter un menor cursando algún destes estudos e non superar os 5.000 euros de renda per cápita.

O Concello aclara que non se poden solicitar as axudas para os libros que xa financia a Xunta de Galicia pero sí para os que non sexan financiados e tamén para material escolar, roupa e calzado.

A documentación pertinente (libro de familia, declaración da renda, xustificantes económicos, e de pago de vivenda) teñen que presentarse xunto á solicitude antes do 5 de outubro nas oficinas municipais.