Skip to main content
ActualidadeVilalba

Los Secretos actuarán en Vilalba en decembro

Por 9 Setembro, 2018Sin comentarios

O venres 14 de decembro o grupo dos 80′ Los Secretos presentará en Vilalba as súas raíces en formato acústico no Auditorio Municipal Carmen Estévez, concretamente ás 21:30 horas.

Tras a súa Xira Aniversario Unha vida ao teu lado, o mítico grupo madrileño volve este outono-inverno a mostrar a súa mellor música, esta vez nun delicioso e elegante formato acústico.

Unha vez máis demostran que se adaptan a todos os formatos e deixan claro que esta viaxe, lonxe de concluír, aínda ten moito por percorrer.

Por iso, a banda volve aos escenarios do país con esta interesante proposta para continuar co seu camiño, un camiño en formato acústico que seguro, deleitará aos máis seguidores e a todos aqueles que nunca visen a este grupo en directo.

Porque fóra de modas e tendencias, Los Secretos seguen co seu son único, agora en acústico.

A actuación de Los Secretos será con butacas numeradas.

As entradas sairán á venda o luns 10 de setembro en  www.ataquilla.com e na Casa da Cultura de Vilalba.

As entradas anticipadas terán un custe de 18 euros e de 22 en taquilla.