Skip to main content
ActualidadeVilalba

Abre o periodo de preinscrición para os cursos de natación en Vilalba

Por 11 Setembro, 2018Sin comentarios

Hoxe, martes 11 de setembro, abre o prazo de preinscrición para os cursos de natación da piscina municipal. Este primeiro prazo pecharase o xoves 20 de setembro. En total, a piscina oferta 204 prazas para rapaces e 108 para adultos. Estas últimas impartiranse en horario de mañá de martes a vernes e en horario de tarde, a partir das 20.00 os mesmos días. Estableceranse dúas categorías, iniciación e medio.

En canto aos rapaces, as clases terán lugar de luns a xoves entre as 17.00 e as 20.00 horas con clases de 45 minutos. Cada grupo estará formado por 9 alumnos, tanto en adultos como en pequenos, agás o grupos de natación especial, que só collerán a tres por quenda.

O período de matrícula, sempre que se pre-inscriban un mínimo de 6 alumnos por grupo, será dende o 21 ata o 25 de setembro. Os cursos teñen unha duración trimestral.