Skip to main content
ActualidadeVilalba

Abre a inscrición na Escola de Teatro Municipal de Vilalba

Por 28 Setembro, 2018Sin comentarios

A Escola de Teatro Municipal de Vilalba abre este luns o prazo de inscrición, que permanecerá activo ata o 15 de outubro.

Como en anteriores ocasións, a inscrición deberá facerse na oficina de Cultura do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Así, unha vez pechada a incrición, o xoves 18 de outubro farase a presentación de grupos, o infantil ás 18:00 horas, o xuvenil ás 19:00 horas e o de adultos ás 20:30 horas.

Para facer a inscrición será necesario cubrir a solicitude, anexar o certificado bancario da conta corrente onde se efectuará o pago e entregar a documentación por rexistro no Concello. As tarifas serán de 3o euros para os pequenos (entre 6 e 10 anos), 60 para xuvenís (de 11 a 16 anos) e a mesma cantidade para os adultos.