Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha profesora do Lois Peña Novo, finalista nos Premios Educa

Por 28 Setembro, 2018Sin comentarios

A profesora do IES Lois Peña Novo de Vilalba Fina Paulos Lareo vén de ser nominada ao Premios Educa Abanca 2018. Mejor Docente de España na súa segunda edición.

A profesora do IES entrou neste listado grazas a recomendación feita polos seus alumnos, xa que son os rapaces os que fan as propostas que despois valida un xurado de mestres.

Fina Paulos Lareo está dentro da categoría de Formación Profesional xunto a outros 23 mestres de toda España tras a primeira criba do xurado, xa que nun principio se presentaron 150 propostas neste grupo.

Esta profesora impartiu o pasado curso no centro Básica de Informática e tamén o ciclo superior da mesma especialidade. Foi precisamente un grupo baixo a súa supervisión o que fixo o proxecto Ensina Avós para formar a maiores no uso das novas tecnoloxías e que lles valeu o segundo posto no certame de miniempresas realizado a nivel galego.

Xunto a Fina Paulos, os premios Educa recibiron 147 propostas en Infantil, 683 en Primaria, 513 en Educación Secundaria e 356 en Universidade. So un grupo deles pasaron á fase de estudo que concluirán no mes de decembro cando se de a coñecer ao Mellor Docente de España en cada unha destas categorías.

Fina foi a única profesora da provincia de Lugo nominada para os premios