Skip to main content
ActualidadeVilalba

Escolares de Vilalba descobren o cooperativismo en Trasancos

Por 30 Setembro, 2018Sin comentarios

A Fundación Terra de Trasancos (Narón), recibiu a visita de 31 estudantes do IES Lois Peña Novo aos que se lles formou sobre as calidades que fan das cooperativas un modelo de negocio sustentable e estable no medio rural

Entre as características positivas describiuse a toma democrática de decisións e o reparto equitativo de beneficios.

Persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desarrolla actividades en varias áreas, entre elas invernadoiro agrícola, supermercado e perruquería.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.