Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol finaliza a primeira fase de acondicionamento do Camiño Real

Por 16 Outubro, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol finalizou a primeira fase de acondicionamento do Camiño Real tras un investimento duns 50.000 euros, camiño que xa é transitable no seu paso polo concello friolense.

Debido ao carácter turístico a nivel patrimonial e cultural do Camiño Real, o mesmo Concello de Friol apostou pola rehabilitación e acondicionamento deste ben singular, para iso desde a Administración local levaron a cabo a redacción do proxecto para ditas actuacións de acondicionamiento, drenaxe, afirmado, pavimentación, sinalización, xestión de residuos, seguridade e saúde.

Máis concretamente, neste tramo fíxose o roce e limpeza de maleza, reapertura de cunetas, drenaxe de zonas anegadas co respectivo tubaxe de saneamento, pavimentación e o compactado de zahorra na plataforma do camiño, ademais da sinalización con carteis informativos. Tamén se colocaron papeleiras e bancos.

O importe do proxecto ascendeu á cantidade de 50.000 euros que contemplan a redacción do proxecto, dirección de obra e realización da mesma. O orzamento foi compartido entre a Axencia de Turismo de Galicia dependente de Presidencia e o propio Concello de Friol, que sufragou as gastos de cuestión técnica.

O alcalde, José A. Santos, considera esta mellora como “positiva e importante, debido ao auxe do sendeirismo para dar a coñecer os nosos paraxes, e que á vez suporá unha fonte de riqueza para os negocios asentados no noso Concello”. Ademais de catalogar o seu valor “histórico, patrimonial e cultural como un valor para mover grupos interesados en coñecer lugares con encanto propio”, para o vindeiro ano segundo o alcalde, está contemplado executar o acondicionamiento da segunda fase do Camiño Real, que será o que o unirá coa capitalidad do concello.
Finalmente, puntualiza, que desde o equipo de Goberno lévanse a cabo as xestións pertinentes coas diferentes administracións para seguir investindo na recuperación do patrimonio, auxe da cultura e bens históricos.