Skip to main content
AbadínActualidadeAgro TERRACHÁXAMurasXermade

Alcaldes da Serra do Xistral reúnense para consensuar actuacións contra o lobo

Por 19 Outubro, 2018Sin comentarios

Os alcaldes dos concellos de Abadín, Valadouro, Ourol, Xermade e Muras reuníronse na Casa Consistorial deste último para abordar a problemática do lobo que afecta aos gandeiros e os veciños da Serra do Xistral e chegar a unha serie de acordos e demandas aos “organismos competentes”. A primeira delas é manter unha xuntanza coa Conselleira de Medio Rural.

Os rexidores, pertences a diferentes partidos políticos, afirman que “non temos medios nin competencias para resolver esta situación. Recollemos o pensar o dos veciños dos nosos concellos e cremos que cos seguintes puntos podemos comezar a encauzar esta problemática”.

A primeira medida que propoñen é o control do censo da poboación real do lobo para lograr un equilibrio e que non se acabe convertendo nunha lacra, “xa que desta situación non hai estudios nin seguimentos actualizados asimesmo botamos en falta comunicación entre as distintas administracións cos veciños e gandeiros”, indican.

Afirman tamén que é necesario axilizar os pagos das axudas e aumentalas cuantías das mesmas. “Ter en conta o lucro cesante e o lucro emerxente. As axudas son importantes para manter convivencia entre gandeiros/as que habitan e humanizan o territorio e os lobos”, explican.

Queren deixar claro tamén que hai perdas de animais que non se recollen na línea de axudas e que dalgún xeito debería recollerse esta cuestión. Trátase de animais mortos polos lobos e que non se atopan os seus restos nas 24 horas seguintes. (a orografía do Xistral non o permite).

Engaden tamén que é necesario un equilibrio que permita convivir nunhas condicións dignas á xente que vive nestas zonas. “Non se pode protexer á fauna salvaxe e desprotexer á xente que vive no rural. É preciso atopar un punto medio”, subliñan.

Os alcaldes cren que este problema estase indo de control. “Estase abocando a pechar moitas explotacións gandeiras o que será un problema no futuro, con grandes extensións sen limpar, favorecendo a proliferación de incendios, etc.”

“O feito de convivir co lobo debería ter resposta nas axudas, sexa vía Europa, vía outras administracións, para compensar as perdas que provoca o lobo e outras perdas que o gandeiro ten (cría de mastíns, manexo do gando, animais desaparecidos). Que haxa un coeficiente compensador desa difícil convivencia nas distintas axudas”, conclúen.