Skip to main content
ActualidadeCospeito

O BNG de Cospeito pide unha solución para o estado de abandono do punto limpo

Por 3 Outubro, 2018Sin comentarios

O BNG de Cospeito levou ao último pleno o estado no que se atopa o Punto Limpo do Concello, que desde hai moitos meses “está nun estado lamentable” con colchóns e desperdicios tirados por fóra do recinto.

Segundo indica a concelleira nacionalista, Yolanda García, “levamos así moito tempo e aínda non se lle puxo remedio”.

Actualmente o horario de atención ao público é de 8.00 a 9.00 e de 14.00 a 15.oo horas, “dúas horas diarias que non chegan a nada”. Para a concelleira o ideal sería facer outro tipo de horario. “Ao mellor non é necesario abrilo todos os días pero os días que se abra que sexa máis horas”, explica. Insiste tamén na conveniencia de facer publicidade sobre este servizo, sobre todo nos taboleiros das igrexas, “porque estoy convencida de que a xente non sabe ben o horario que ten”.

Durante o Pleno, o equipo de Goberno indicou que barallaban a idea de poñer cámaras de vixilancia “porque non están seguros de que as persoas que tiran fóra do punto limpo sexan de Cospeito”. O grupo de Goberno indicou tamén que se calquera persoa chama a calquera hora, váiselle abrir o punto limpo.

Lembra a concelleira que o estado no que está é “unha vergoña, ademais dun representar un problema de salubridade, en especial nas casas da contorna”, conclúe.