Skip to main content
A PastorizaActualidadePol TERRACHÁXARiotorto

O obradoiro Castro IV comeza a traballar en Pol, Riotorto e A Pastoriza

Por 31 Outubro, 2018Sin comentarios

Un total de 20 alumnos participan no obradoiro de emprego O Castro IV, promovido polo Concello de Castroverde conxuntamente cos de Pol, A Pastoriza, Ribeira de Piquín e Riotorto.

O obradoiro conta con catro alumnos e alumnas de cada un dos concellos participantes e nel tamén traballan un director, un administrativo e dous monitores forestais. A súa actividade estenderase ata mediados do mes de xullo do 2019 e as tarefas que se desenvolverán centraranse na realización de tratamentos silvícolas en camiños e montes dos concellos participantes.

Así, está prevista a realización de tratamentos silvícolas de camiños en Pol (en Lúa, Susá, Fontao e Cadegunde); Riotorto (camiños forestais de Toucedo, Vale, Souto de Val, Ramallide, Lombo de Murias e do Mazo a Soutelo); Ribeira de Piquín (A Budueira, San Fiz, Meiroi, acceso a Cuiña e dos Cangos a Muxén) e A Pastoriza (camiños e zona verde de Baltar, así como na ruta de sendeirismo de Maeloc e Bretoña). En Castroverde, o proxecto contempla a realización de tratamentos silvícolas e de conservación do monte veciñal en man común de Carballal de Furís.

Esta modalidade dual é a principal novidade desta convocatoria e fai posible que os participantes combinen un contrato de formación e aprendizaxe no obradoiro durante nove meses cun contrato nunha empresa de polo menos tres meses máis. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos da zona rural, adaptando a súa oferta formativa ás súas demandas e ás necesidades de contratación.