Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O alcalde de Rábade califica de “moi positiva” a reunión con Adif

Por 23 Outubro, 2018Sin comentarios

O alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, mantivo esta semana en Madrid unha reunión co Director Xeral de Conservación e Mantemento de ADIF Ángel Contreras Marín, coa finalidade de resolver o problema que crea o “nefasto estado no que se atopa a pasarela, que cruza a vía do ferrocarril no centro da vila”.

“O resultado da reunión foi bastante positivo e moi satisfactorio para o Concello, xa que na mesma, despois de analizar e descartar definitivamente a posibilidade de habilitar un paso a nivel entre as propias vías, o Director Xeral adquiriu o compromiso de encargar de xeito inmediato aos técnicos de ADIF a elaboración do estudio de acondicionamento e cumprimento de accesibilidade do referido paso, valorando primeiramente a posibilidade de acondicionamento e mellora da existente, sempre que esta o permita, garantindo tanto a seguridade como a accesibilidade, ou ben de non ser viable, adoptar outra solución incluso noutra ubicación”, indicou o alcalde.

Para esta actuación ADIF, pola súa parte, esixelle ao Concello asumir o compromiso de mantemento da infraestructura unha vez executada. Igualmente ADIF comprometeuse a manter informado ao Concello do estado e evolución desta actuación, “tan imprescindible para a nosa vila”, conclúe Fernández Montes.